O Campo de Slalom de O Couquiño acolleu a Copa Galega de Promesas
O Campo de Slalom de O Couquiño, no río Xallas, acolleu este sábado a celebración da II Copa Galega de Promesas de Slalom, nunha xornada que finalmente puido desenvolverse con normalidade despois de que as tormentas do mediodía fixeron temer pola suspensión da proba. Finalmente a climatoloxía deu unha tregua durante a tarde e permitiu que todo se desenrolase con normalidade.
O rapaces e rapazas do Club CDM Piragüismo Dumbría asinou outra boa actuación, acadando a segunda posición na clasificación xeral por clubs con 111 puntos, moi preto do primeiro posto, nunha mostra do bó traballo que o club continúa realizando coa súa canteira.
Entre os resultados máis destacados dos deportistas costeiros sobresaen as actuacións de Clara Mancebo Landeira, que conseguiu a segunda posición na final da categoría Infantil K-1 e tamén a prata en C-1, e de Carmen Llaria Traba, que acompañou no podium a Clara con sendos terceiros postos.
Na categoría Cadete K-1, Iván Llaria Traba foi oitavo clasificado, mentres que Óscar Insua Avanesjan conseguiu unha meritoria sexta posición nunha das categorías máis numerosas e competidas da tarde. Tamén destacou José María Ferrer Cardona, que rematou cuarto na final Infantil K-1, rozando o podio tras unha boa baixada no trazado de O Couquiño.
Desde a organización quérese agradecer a colaboración do pais e nais dos deportistas do clube e ó Concello de Dumbría, fundamental para que unha competición destas características poida celebrarse nun entorno privilexiado como o río Xallas. Do mesmo xeito, resulta imprescindible o apoio da empresa Xeal, que aportou o caudal de auga necesario para garantir o desenvolvemento da proba nas mellores condicións posibles.