O carballés Mario Díaz López segue subindo ao podio nas probas autonómicas de golf
06 de outubro de 2020 (13:37 h.)
Segue medrando o xogador carballés Mario Díaz López. O pasado sábado disputaba a última proba da Liga Galega Xuvenil no Club de Golf Val de Rois (Rois), conseguindo quedar subcampeón en cadete, e acadando ademais unha nova baixada do seu hándicap.
O traballo realizado co seu adestrador, o xogador profesional galego Sergio García, segue dando moi bos resultados desde que empezou con el.
A próxima proba a disputar será o Campionato Galego Sub-16 no RAC de Santiago, no que tamén competirá a súa irmá Martina, de 9 anos, en categoría benxamín.
Novas relacionadas
- Xullo 2020: O carballés, Mario Díaz, campión galego de Pitch&Putt.
- Setembro 19: Mario Díaz López gaña o hándicap cadete de Montealegre.
- Xullo 19: Mario Díaz López disputou o Campionato de España por Parellas de Pitch&Putt
- Os irmáns Martina e Mario Díaz López dan pasos no mundo do golf.