O carballés Mario Díaz López segue subindo ao podio nas probas autonómicas de golf

13:37 06/10/20
Segue medrando o xogador carballés Mario Díaz López. O pasado sábado disputaba a última proba da Liga Galega Xuvenil no Club de Golf Val de Rois (Rois), conseguindo quedar subcampeón en cadete, e acadando ademais unha nova baixada do seu hándicap.
O traballo realizado co seu adestrador, o xogador profesional galego Sergio García, segue dando moi bos resultados desde que empezou con el.
A próxima proba a disputar será o Campionato Galego Sub-16 no RAC de Santiago, no que tamén competirá a súa irmá Martina, de 9 anos, en categoría benxamín.