O CDM Piragüismo Dumbría alcanza un brillante noveno posto por clubs na Copa de España

Clara Mancebo Landeira do Piragüismo Dumbria en Sort-Foto-Norbert Aguilera

O CDM Piragüismo Dumbría participou esta fin de semana na segunda proba da Copa de España de Novas Promesas de Slalom, disputada na localidade leridana de Sort, nas augas do río Noguera Pallaresa, un dos escenarios máis emblemáticos do piragüismo de augas bravas en España.

A cita, segunda do calendario estatal tras a competición celebrada en Irún, reuniu aos mellores clubs de formación do país e serviu como último gran test antes do Campionato de España de Novas Promesas, que terá lugar os vindeiros 18 e 19 de xullo en Ponts (Lleida).

A expedición dumbriesa regresou de Cataluña cun excelente balance colectivo, logrando un magnífico noveno posto na clasificación xeral por clubs, con 81 puntos, situándose entre os dez mellores equipos de España e confirmando o gran momento que atravesa a canteira do club. Un resultado especialmente meritorio tendo en conta que o CDM Piragüismo Dumbría competiu fronte a entidades con moita maior estrutura e número de deportistas.

Carmen Llaría -Foto-Norbert Aguilera

No apartado individual, destacaron Clara Mancebo Landeira e Carmen Llaría Traba, que conseguiron clasificarse para as dúas finais A. Na modalidade de K1 Infantil A Clara rematou nunha excelente sétima posición, mentres que en C1 Infantil A finalizou sexta, sumando importantes puntos para o club.
Pola súa banda Carmen Llaria Traba en K1 Infantil B ocupou a oitava posición penalizada inxustamente con 50 segundos que a sacaron da loita polas medallas, e en C1 Infantil B finalizou quinta nunha baixada na que non se sentíu cómoda. Tamén na mesma categoría participaba Clara López Piñeiro que foi quen de completar a Final A en K1 infantil B cun meritorio noveno posto.

Jose Maria Ferrer en Sort-Foto-Norbert Aguilera

O resto de partiipantes, José María Ferrer Cardona, Yerai Omar Guene Gómez e Iván Llaria Traba non foron quenes de entrar nas finais A, pero non por iso deixaron de facer unha moi boa competición nesta proba pirenaica.

Yerai Omar Guene-Foto-Norbert Aguilera
Iván LlariaFoto-Norbert Aguilera

Ademáis, a particpación do CDM Piragüismo Dumbría se veu copletada coa participación de Vega Cives, que debutaba coma abridora nunha proba da Copa de España realizando un fantástico papel e aprendento muitísimo das competicións nacionais as que se terá que enfrentar a tempada vindeira.

Vega Cives-Foto-Norbert Aguilera

"Buscamos Xente Valente"

Coincidindo co inicio do verán, e baixo o lema "Buscamos Xente Valente", o CDM Piragüismo Dumbría pon en marcha unha nova campaña de captación de nenos e nenas que queiran iniciarse no mundo do piragüismo. As Escolas de Verán do club están dirixidas a rapaces e rapazas a partir
dos 8 anos (con excepcións para idades inferiores), sempre que saiban nadar e teñan ganas de vivir novas aventuras.

As persoas interesadas poden obter máis información a través das redes sociais do CDM Piragüismo Dumbría (@piraguismod), no Concello de Dumbría ou chamando ao 629 126 623. O club anima a todas as familias da comarca a achegarse e descubrir un deporte que combina natureza, diversión, compañeirismo e competición, e que segue formando deportistas que xa compiten entre os mellores de España.