O Conco acolle a Fase Final do Campionato Galego de Volei Infantil Masculino
28 de maio de 2021 (01:33 h.)
Tras gañar a Liga, sen perder partido, e ter a clasificación para o Campionato de España, a fornada infantil do Volei Dumbría-Manuela Rial afronta a fin de semana do 6 de xuño unha nova pedra de toque. Será na Fase Final do Campionato Galego Infantil Masculino, que se celebrará ademais no Conco, na casa.
Os costeiros parten como favoritos ante Boiro, Emeve e Aldebaransa, canteiras históricas do volei galego.
Os choque, o domingo 6 de xuño, son:
- 10:00h: Boiro Voleibol - Aldebaransa.
- 12:00h: Volei Dumbría - CV Emeve Lugo.
- 17:00h: 3º e 4º posto.
- 19:00h: Final.
Novas relacionadas
- O Volei Dumbría competirá no Campionato de España Infantil tras arrasar na Liga Galega.
- Unai Larragaña incorpórase á Selección Española de Volei para xogar contra Túnez e na Golden European League.
- O Volei Dumbría rematou a súa quinta temporada na SM2.