Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Volei Dumbría rematou a súa quinta temporada na SM2

Ultimo partido do VOlei Dumbria no Conco
Último partido desta temporada do Volei Dumbría no Conco
O Volei Dumbría rematou a súa quinta temporada na SM2

Rematou esta pasada fin de semana unha nova temporada do Volei Dumbría na Superliga Masculina 2. Unha nova temporada na segunda máxima categoría do volei estatal, que supón outro fito para o club dumbriés, creado en 2014, e que leva 5 anos levando o nome do Concello de Dumbría e da Costa da Morte por toda España.

Finalmente non puido meterse na Fase de Ascenso (quedou na 3ª praza a pesar de estar moitas semanas entre os dous primeiros postos) pero o club ten os pés na terra e son conscientes do complicado que sería subir á SM.

O equipo de Luís Alberto Fernández caía na última xornada ante o Sayre Maiser por 1-3, pero quedan satisfeitos do traballo feito durante toda esta temporada especial.

Volei Dumbria no seu primeiro partido desta singular temporada
Nestor Gonzalez e Carlos Mosquera do Volei Dumbria
Néstor González e Carlos Mosquera, nomes propios do Volei Dumbria

Quedan cun bo sabor de boca, pois son dous os xogadores que se colaron entre o TOP5 da categoría: Néstor foi nomeado mellor “opuesto” (ademais de ser o 3º máximo anotador da liga), e Carlos Mosquera, neste o seu primeiro ano no club costeiro, remata na 5ª posición dos mellores centrais e 3º máximo bloqueador.

Volverá o club o ano que vén intentar facelo o mellor posible, e mesmo formulando a posibilidade de ascender á máxima categoría despois do chasco vivido durante o pasado ano co ascenso administrativo frustrado.

Novas relacionadas

Resumo da traxectoria

Comentarios