Damián e Paula campións galegos de OCR, outra vez

Damian Espasandin e Paula Esteiro, campions galegos en Vigo
  • O vimiancés quedou a semana pasada 20º do mundo nunha proba do Mundial celebrado en EEUU

Volveron facelo. Paula Esteiro e Damián Espasandín volveron alzanrse co título de Campións Galegos nas probas OCR de Carreiras de Obstáculos. Facíano na última proba, a Boot Camp celebrada este domingo en Vigo. Se a camariñá Paula acodía xa cos deberes feitos, tras unha liga de dominio absoluto dende o comezo, Damián necesitaba quedar por diante do seu máximo rival, pois o comezo da tempada foi moi negativo para el, por mor das lesións, e cando practicamente tiña descartada a Liga Galega, dúas vitorias o meteron na loita. Na derradeira proba, non fallaron e se alzaron co título de campións absolutos.

Se o de Paula é unha superioridade clara, o de Damián tivo chicha. O vimiancés disputou a pasada semana o Mundial en Bermont (EEUU), unha carreira de 15 km, quedando nada menos que de 20º, en categoría absoluta, elite. Aí é nada a proeza, a maior fazaña da súa carreira.
Aproveitou para pasar unhas vacacións en NYC cos amigos, e voltaba o venres. O domingo tivo que competir na gran final, e a pesar do yetlag, este home de ferro conseguía o seu 4º título galego, que se suma aos 3 estatais, aos 2 campionatos da Liga Nacional por Clubs, os 3 mundiais Farinato, e ese posto entre os 20 mellores do mundo de @ocrwc.

Novas relacionadas

q --