Doblete galego para Paula Esteiro e Damián Espasandín para preparar o Mundial de Londres
Campeóns Galegos en Categoría Élite, con doblete de Liga e Copa. Paula Esteiro e Damián Espasandín seguen demostrando o seu poderío en Galicia nas probas OCR de Carreiras de Obstáculos, tras vencer a última proba da Liga Galega. Unha liga que valora os 4 mellores resultados das 7 probas, ás que os costeiros só puideron ir a 6 pois unha coincidía co Cross de Obstáculos de Dumbría. Pero os resultados falan por si mesmos: A camariñá venceu 6 de 6; o vimiancés sumou 4 vitorias, un terceiro e un cuarto posto.
Realmente xa levaban varias semanas sendo virtualmente campións pero esperaron ata esta semana para celebralo.
”Contentos e satisfeitos despois de ver materializado tanto traballo e sobre todo por poder seguir traendo títulos os nosos pueblos”, reflexiona Damián.
Camiño do Mundial
Sen tempo a disfrutar, marchan xa para Londres, para disputar o Mundial OCR. Fano despois de vencer a Farinato Race do ano pasado, polo os dous son os embaixadores españois no Mundial.
Paula corre o venres 3K e o sábado 15K, e Damián céntrase na proba 15K do sábado. Ambos participan na máxima categoría, Elite, e esperan estar moi arriba.
Ata o 7 de decembro, cando remate a temporada, aínda lles quedan varias probas da Liga Nacional, o Campionato Nacional en novembro, ademais da Liga Farinato, tamén moi importante para eles. E mentres xa están mantendo reunións con patrocinadores, tanto para o club ConcoBox como a nivel individual, fundamentais para poder afrontar todas estas probas nacionais e internacionais.
Por iso non queren deixar de agradecer as colaboracións dos @shop4fit.es, Clínica Dental Baldomar, OE+, Hotel Rey Silo, Casa Sabina, Restaurante Valentín, o Concello de Dumbría e ao propio DaFIT.
Novas relacionadas
- Xuño 19: CrossDumbría: “A cara de satisfacción dos que nunca correran algo parecido foi o mellor premio que puidemos levar”.
- Maio 19: Paula Esteiro e Damián Espasandín reflexionan sobre o seu Campionato do Mundo na Farinato Race.
- Maio 2019: Paula Esteiro e Damián Espasandín gañaron o mundial da Farinato Race e representarán a España no mundial OCR de Londres.
- Maio 2019: A familia ConcoBox tivo unha prolífica fin de semana en Kick Boxing e carreiras de obstáculos.
- Novembro 18: Damián Espasandín, orgulloso de poñer Vimianzo no mapa a nivel nacional.
- Novembro 18: Damián Espasandín cumpre un soño e álzase campión de España de OCR Élite.
- Maio 2018: Fin de semana heroico para Damián, Paula e os equipos do ConcoBox.