Vimianzo celebrou o décimo aniversario do Duatlón de Reis con récord e o seu cadro de honra

Imaxes do Duatlón de Reis Vimianzo 2019 Foi un domingo especial o pasado 13 de febreiro en Vimianzo. Era a décima edición e o Concello de Vimianzo quixo xuntar ao cadro de honra dos gañadores das 10 edicións. Non houbo pleno (só faltaron tres que non puideron asistir por lesións e cousas persoais) pero si se rozou e conseguiron esta fermosa foto de familia, cos campións e campioas das anteriores edicións e todos eles recibiron un trofeo de agasallo para conmemorar os 10 anos da proba.
Foto do cadro de honra das 10 primeiras edicións dos Duatlon de Reis de Vimianzo O día era perfecto para unha proba deste estilo, con temperatura agradable, nada de vento e sen choiva. Había moito público nas zonas de chegada, máis que nunca, para animar aos case 230 participantes (só faltaron 12), chegados das 4 provincias galegas. Foron máis de 2 horas de lama e brega, tralos que volvía gañar Manuel Piñeiro (campión galego duatlón cros 2018), campión no 2018 e Mar Delgado (campioa de España de Orientación en bicicleta de montaña 2018), campioa no 2017 e 2018. Ademais, bateuse o récord do circuíto, que estaba en posesión de David Calzas dende o 2017 (1h19m05s). O novo récord esta en posesión de Manuel Piñerio cun tempo de 1h16m,11s. “Vai ser moi difícil de bater”, apunta un dos organizadores, o técnico de deportes vimiancés Víctor Santos. A novidade deste ano foi a competición por parellas que tivo moi boa acollida e que foi un gran éxito, xa que lle dou moita máis emoción á proba.

Clasificacións

A clasificación absoluta masculina foi a seguinte:
  • Manuel Piñeiro (Lugo)
  • David Calzas (Vimianzo)
  • Gabriel Castiñeira (Vimianzo)
Absoluta feminina:
  • Mar Delgado (Coruña)
  • Marta Barbeito (Narón)
  • Priscila Suárez (Ponteceso)
Local:
  • Marco Castiñeira
  • Victoria Fernández
Parellas masculina:
  • Daniel García Recarey e Arturo Ramos Rey (Club ciclista Santa Compaña, Santa Comba)
  • Martín Regueira Rellán e Carlos Súarez Doval (Ferretería Central, Vimianzo)
Parellas feminina:
  • Ana María Vilas Pérez e Dolores Rey Da Silva (nai de Arturo Ramos que gañou en categoría parellas masculina. O pai de Arturo tamén participou na proba en individual posto 13) (Club Triatlón Compostela)
  • Beatriz Olveira Traba e Alicia García Cruz (A.D. Olimpia)
Parellas mixtas:
  • Jose Calviño Carreño e Maria Gonzalez Martinez (Orixinal Mgm Team 2, Lousame)
  • Toñito Pardiñas Mallon Noelia Amado Fernandez (Madialeva, Laracha)
 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-reis-rubiron-os-montes-de-salto-en-bici-de-montana/