Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Vimianzo celebrou o décimo aniversario do Duatlón de Reis con récord e o seu cadro de honra

Vimianzo celebrou o décimo aniversario do Duatlón de Reis con récord e o seu cadro de honra
Imaxes o Duatlon de Reis Vimianzo 2019 Imaxes do Duatlón de Reis Vimianzo 2019 Foi un domingo especial o pasado 13 de febreiro en Vimianzo. Era a décima edición e o Concello de Vimianzo quixo xuntar ao cadro de honra dos gañadores das 10 edicións. Non houbo pleno (só faltaron tres que non puideron asistir por lesións e cousas persoais) pero si se rozou e conseguiron esta fermosa foto de familia, cos campións e campioas das anteriores edicións e todos eles recibiron un trofeo de agasallo para conmemorar os 10 anos da proba. Foto do cadro de honra das 10 primeiras edicións dos Duatlon de Reis de Vimianzo Foto do cadro de honra das 10 primeiras edicións dos Duatlon de Reis de Vimianzo O día era perfecto para unha proba deste estilo, con temperatura agradable, nada de vento e sen choiva. Había moito público nas zonas de chegada, máis que nunca, para animar aos case 230 participantes (só faltaron 12), chegados das 4 provincias galegas. Foron máis de 2 horas de lama e brega, tralos que volvía gañar Manuel Piñeiro (campión galego duatlón cros 2018), campión no 2018 e Mar Delgado (campioa de España de Orientación en bicicleta de montaña 2018), campioa no 2017 e 2018. Ademais, bateuse o récord do circuíto, que estaba en posesión de David Calzas dende o 2017 (1h19m05s). O novo récord esta en posesión de Manuel Piñerio cun tempo de 1h16m,11s. “Vai ser moi difícil de bater”, apunta un dos organizadores, o técnico de deportes vimiancés Víctor Santos. A novidade deste ano foi a competición por parellas que tivo moi boa acollida e que foi un gran éxito, xa que lle dou moita máis emoción á proba.

Clasificacións

Manuel Pineiro e Mar Delgado campions do Duatlon de Reis de Vimianzo 2019 A clasificación absoluta masculina foi a seguinte:
  • Manuel Piñeiro (Lugo)
  • David Calzas (Vimianzo)
  • Gabriel Castiñeira (Vimianzo)
Absoluta feminina:
  • Mar Delgado (Coruña)
  • Marta Barbeito (Narón)
  • Priscila Suárez (Ponteceso)
Local:
  • Marco Castiñeira
  • Victoria Fernández
Parellas masculina:
  • Daniel García Recarey e Arturo Ramos Rey (Club ciclista Santa Compaña, Santa Comba)
  • Martín Regueira Rellán e Carlos Súarez Doval (Ferretería Central, Vimianzo)
Parellas feminina:
  • Ana María Vilas Pérez e Dolores Rey Da Silva (nai de Arturo Ramos que gañou en categoría parellas masculina. O pai de Arturo tamén participou na proba en individual posto 13) (Club Triatlón Compostela)
  • Beatriz Olveira Traba e Alicia García Cruz (A.D. Olimpia)
Parellas mixtas:
  • Jose Calviño Carreño e Maria Gonzalez Martinez (Orixinal Mgm Team 2, Lousame)
  • Toñito Pardiñas Mallon Noelia Amado Fernandez (Madialeva, Laracha)
 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-reis-rubiron-os-montes-de-salto-en-bici-de-montana/

Comentarios