A familia ConcoBox tivo unha prolífica fin de semana en Kick Boxing e carreiras de obstáculos

O muxián Javi Barrientos na Bear Challenge

Foi a pasada unha fin de semana completa para a familia DaFIT do Conco Box. Un grupo feminino desprazábase a Guadalajara para participar no Campionato de España de Kick Boxing, outros foron a Asturias para participar na esixente Bear Challenge; ademais os Damién e Paula arrincaron a temporada das carreiras de obstáculos na Bombeiros Race Vigo.

Deixando o Kick Boxing Femenino moi alto

O equipo de Kick Boxing Dafit-Concello de Dumbría, comandando polo coach Dani Lema, deixou o pavillón moi alto en Gualadajara. Paty Túñez quedou Bronce en categoría Kick Light; Paula Martínez fixo o proio en Light contact e Laura Montero fixo Prata en Light Contact.

Bear Challenge

Bo finde semana para o equipo ConcoBox tamén en Asturias. Javier Barrientos (Quintáns, Muxía), Cristian Danis (Mazaricos), Suso Rodríguez (Cee), Iván Romero (Zas), Valentín Amigo (Cee) acodían coas máximas expectactivas, e non se cumpriron para todos. Cristian gañou en categoría de idade 18-24; Valentín Amigo foi 2º en 30-34, e Barrientos, que aspiraba ao podio, quedou de 11º. Susiño, Iván romero e Javier resultaron descalificados por non superar un obstáculo.

Bombeiros Race Vigo

Arrincaba a Liga Galega de Carreiras de Obstáculos, a Bombeiros Race Vigo. E non faltaron os nosos deportistas de talla mundial. De feito, Paula Esteiro arrincou a temporada co título de campiona en Elite, o mesmo que Damián Espasandín, demostrando que este ano volven estar en primeira liña, ao comenzaren xa liderando a Liga Galega, que se compón de 7 carreiras (das cales puntúan os 4 mellores postos).

Ademais tamén participaron Laura Montero, que quedou 2ª en categoría Popular; e Paula Martínez, Claudia Louzán, Diego Fandiño, Martín, Óscar Lado, Chavi Pérez, e Javier Barrientos.


Laura Montero en Vigo

Paula Esteiro, campioa en Vigo

Damián Espasandín, campión en Vigo