Fin de semana de éxitos para a familia do Calvo Xiria

7f5526ed-b486-431b-8da2-e05361ad328e

Fin de semana completa para o Calvo Xiria. Mentres o equipo Xuvenil disputaba o campionato de España, o presidente da Real Federación Española de Balonmán, Francisco Blázquez, facía entrega Chano Calvo Pumpido, presidente das Escolas Deportivas Xiria, da medalla e insignia de prata ao Mérito Deportivo, na categoría de directivos. Unha medalla que lle fora concedida por parte da Real Federación Española de Balonmán no ano 2014, pero que ata estes días non se puidera entregar.

Ao acto tamén acudiu o presidente da Federación Galega, Bruno López, así como adestradores e capitanes do Escolas Deportivas Xiria, en agradecemento aos 38 anos de apoio desta empresa ao club carballés.

Laber Xiria, terceiro de España

Mentres, o Laber Xiria rematou en terceira posición o sector do campeonato de España disputado a pasada fin de semana en Pamplona. Os carballeses tiveron como resultados un empate (Leganés), unha derrota (Anaitasuna) e unha vitoria (Sporting Granollers), deste xeito quedaron en terceira praza empatados a puntos co Leganés debido ao golaveraje.

De este xeito remata a tempada para o Laber, con un balance positivo e cunha fornada de xogadores que apuntan ao primeiro equipo como son Aaron, Pablo, Álex, Fer, Mario, Carlos, Diego, Dani, Toni.