Fran Gómez Pallas: “Estamos nunha nube, un título do Dakar non se gaña todos os días”

Fran Pallas co seu equipode pilotos como gañador do Dakar. @pombofotografo

Así explica o carballés Fran Pallas despois de quedar campión do mítico Rally Dakar na categoría Dakar Mission1000 2026. Xa leva máis de 10 edicións e esa experiencia levouno co seu poderoso equipo ao máis alto do podio, tendo en conta ademais que se trataba dunha moto eléctrica.

”A experiencia foi un éxito”, cóntanos. “O rally atravesouse ao principio, xa que comezamos con problemas de navegación, por culpa da organización que nos deu un GPS en mal estado, e tivemos que ir remontando. Fumos adiantando ao 5º, ao 4º, pasamos ao 3º e conseguimos poñernos líderes”, explica.

Pero é que a carreira é tan esixente como parece. “Houbo etapas con dunas moi altas e blandas, e aí había moito problema coas baterías, que había que saber dosificar moi ben, pero o equipo perfecto. Os 3 pilotos, que chegamos, un mecánico, un enxeñeiro técnico, un fotógrafo e un director de equipo. Funcionou todo á perfección”.

O equipo agradede a colaboración do Concello de Carballo, da Xunta, da Deputación da Coruña, de Metalurgica BB, de Indupanel e e Cinoacivro ede @pombofotografo.

Sempre levando o nome de Carballo, da Costa de Morte e de Galicia polo mundo adiante co seu Team Car Galicia, así o demostrou na celebración:

Fran Pallas en 2023