Fran Pallas afronta o desafío do seu 8º Dakar, en moto eléctrica
8ª vez que o carballés (nado en Venezuela) Fran Pallas afronta o desafío do Rally Dakar. Unha das lendas galegas do motocross afronta este ano un reto especial, ademais: ser o único español que compite, e ademais cunha moto eléctrica.
O primeiro equipo español que participa cunha moto eléctrica no Dakar é froito do esforzo do Team Green Power Race e do Wattpower Racing. O impulso e a paixón de dous dakarianos que se coñeceron na mítica proba como o galego Fran Gómez Pallas e o catalán Joan Puig Cotet fan posible esta aventura.
O carballés sairá en Arabia Saudí cunha moto eléctrica Wattbike DKR24, deseñada e fabricada en Barcelona. Este amante da aventura salvaxe, recoñece que “o Dakar máis duro é o de conseguir sponsors”. De feito, o primeiro ano tivo que pedir un crédito para sufragar os gastos. Lembra aquela edición de 2000 como unha auténtica aventura: 15.000 km de Senegal a Exipto, con ameaza terrorista de por medio, e medio viaxe cunha fractura nun pé…
Pero este ano conta co equipo Green Power Race Team. “A nosa motocicleta é un testemuño da excelencia española na enxeñaría e fabricación de motocicletas eléctricas”, aseguran. E falta lle fai, porque terán que levar unha infraestrurura moito máis potente para poder respostar 6 veces cada etapa, non 3 como os vehículos de gasolina, como explicaba nunha completa entrevista realizada polo DXT.
Leva meses preparando facendo bici e natación, e saíndo todas as findes traballando para completar o seu soño. Así, esta ponte está en Granada participando en complexos adestramentos de orientación, con xornadas de máis de 200km por montes granaínos.
Pallas, que xa ten completado o Dakar en África e en Sudamérica, viaxará a Arabia Saudí para arrincar a proba de 2024 o 5 de xaneiro en Al-Ula, e percorrerá 5.000km 14 días de carreira, atravesando o inmenso deserto de Empty Quarter para rematar o 19 de xaneiro na cidade saudita de Yanbu, a orillas do mar Rojo.
Con todo, participar neste Dakar na categoría Mission1000 é só o primeiro paso. Á participación no Dakar seguirán outras probas Offroad con prototipos e motocicletas eléctricas.
Fran non quere esquecer agradecer aos patrocinadores que fan posible esta aventura: Lantania, NoMamesWey,Quechova, Yacar Racing, Indupanel, Formas Inoxman, Motoval, Garaysa, Don Joy Racing, Galemoto, ToldosGomez, Enovis, Deporte Galego, Xunta de Galicia, Concello de Carballo, Moai café, Bico de Xeado, 3DPartum.