A gran tempada a nivel deportivo e social da familia do ACB Costa da Morte

O equipo infantil do ACB Costa da Morte

Gran tempada a que está a desenvolver a familia do ACB Costa da Morte tanto a nivel social como deportivo. Con 5 equipos en competición (un premini mixto, un infantil mixto, cadete mixto e dous senior masculino) o equipo ceense con alma comarcal (como reza a C do acrónimo) está nun gran momento de saúde. C máis de 110 fichas, 4 adestradores está completando un curso de formación e valores, como o demostraron a pasada fin de semana nos partidos solidarios 'Canastas Contra o Cáncer Infantil’.

O equipo Premini 

En canto ás competicións, o equipo Premini, adestrado por Uxía Felpete. participa na liga A. D. As Rías na zona do Barbanza, organizada por Xogade. O equipo está formado por 8 nenos e nenas de entre os 7 e os 11 anos de idade, todos eles con un ou dous anos de experiencia no baloncesto.
O equipo rematou a liga regular este mes de marzo na 5ª posición con un balance de 1 vitoria e 9 derrotas. Durante o próximo mes de abril xogará contra o equipo ANPA O Grupo (Ribeira) un playoff polo quinto posto.

Pola súa banda, o equipo infantil mixto (na imaxe superior, con rapaces e rapazas de 12 a 14 anos) está adestrado por Manuel Vázquez que, ademais deste equipo leva a dirección deportiva do club e os equipos cadete mixto e senior masculino blanco.
Este é o segundo ano deste equipo na 2ª División da Federación Galega e rematou a fase de inverno con equipos da Coruña no 6º posto (dun total de 30 equipos) cun balance de 6 vitorias e 2 derrotas, quedando ás portas da fase de ascenso a liga galega. Agora, na fase regular está a competir no grupo A-1 cos mellores equipos da liga onde leva un balance de 0 vitorias e 5 derrotas, estar neste grupo asegúralle un posto entre os 8 primeiros na clasificación final.

Equipo cadete do ACB Costa da Morte copia

O equipo cadete masculino 14-16 anos), dirixido tamén por Manuel Vázquez, está no seu primeiro ano na categoría e rematou a fase de inverno no 10º posto (dun total de 27 equipos) cun balance de 4 vitorias e 4 derrotas.
Agora, na fase de inverno, tamén con equipos herculinos, está a competir no grupo A-2 e leva 0 vitorias e 4 derrotas ata agora, perdendo varios partidos por pouca diferenza.

Dous equipos sénior

O equipo Negro sénior masculino do ACB Costa da Morte 

O bo traballo de canteira destes anos pasados obrigou ao club a sacar dous equipos sénior. O equipo senior masculino negro está dirixido por Ramón Trillo e os seus xogadores son todos debutantes na complicada 3ª División Masculina. Remataron a fase regular no último posto, unha vez que non puideron estrear o taboleiro de vitorias, pagando a xuventude e a inexperiencia na categoría.
No mes de abril xogará un playoff polas posicións do 25º ao 30º posto para determinar as posicións finais da clasificación.

Equipo sénior blanco do ACB Costa da Morte

Mentres, o equipo senior masculino blanco, tamén dirixido por Manuel Vázquez, está composto por xogadores entre os 20 e os 50 anos, moitos de eles cunha amplia experiencia na competición e neste deporte.
Remataron a liga regular no 5º posto do seu grupo con un balance final de 8 vitorias e 10 derrotas.
No mes de abril xogará un playoff polas posicións do 9º ao 16º posto para determinar as posicións finais na clasificación.

Tanto o senior masculino negro como o blanco compiten contra equipos de Coruña, Ferrol e Lugo.

Adestramentos abertos e inclusivos

O club ofrece ademais unha actividade dirixida tanto a pais e nais do club, como a xente adulta que non quere competir, que ten preto de 20 inscritos e que adestran baixo as orden de Carlos Rodeiro os luns e os mércores pola noite.
E tamén, os sábados pola mañá fai uns adestramentos dirixidos a algúns dos alumnos da asociación ASPADEX para que fagan deporte e coñezan o baloncesto.

Ademais de todo isto, o club conta cun estupendo e exitoso campus de verán e un torneo de 3x3 no mes de agosto.