martes. 24.03.2026
El tiempo

A familia do ACB Costa da Morte meteulle unha canastas ao Cancro Infantil

A familia do ACB Costa da Morte meteulle unha canastas ao Cancro Infantil 2
A familia do ACB Costa da Morte meteulle unha canastas ao Cancro Infantil

A xornada de partidos solidarios 'Canastas Contra o Cáncer Infantil' organizada polo Club ACB Costa da Morte en colaboración coa Fundación Unoentrecienmil foi un éxito. A participación e colaboración dos afeccionados e familiares do club foi boa e a recadação de fondos para a investigación do cáncer infantil se acercou ós 200€.

Os partidos disputados o pasado fin de semana no Pabellón Municipal de Cee foron emocionantes e contaron coa presenza de numerosos seguidores, e cada punto convertiuse nun euro para a investigación.

"Valoramos a boa acollida da iniciativa e agradecemos a colaboración de tódoslos equipos e xogadores", declarou o presidente do Club ACB Costa da Morte, Santiago Martínez. "Esta boa acollida da iniciativa nos anima a repetila en anos vindeiros" engadiu. O Club ACB Costa da Morte agradeceu a súa participación a tólolos que colaboraron e apoiaron
esta iniciativa solidaria.

A familia do ACB Costa da Morte meteulle unha canastas ao Cancro Infantil

Resultados dos partidos do ACB Costa da Morte:
- Infantil: ACB Costa da Morte 36 - 56 Basket Xiria
- Cadete: ACB Costa da Morte 49 - 73 Baloncesto Culleredo
- Sénior: ACB Costa da Morte 43 - 53 A.D.F.R.O Latabarra

Por outra parte, os partidos amistosos contra o CB Sa Cabaneta de Palma de Mallorca, que desplazou tres equipos par disputar unha serie de amistosos contra o ACB Costa da Morte, foron moi igualados e xeneraron un bo ambiente entre os xogadores, afeccionados e directivas de ambas entidades. “A experiencia foi moi positiva e sería fantástico repetila no futuro.”

A familia do ACB Costa da Morte meteulle unha canastas ao Cancro Infantil 5

A familia do ACB Costa da Morte meteulle unha canastas ao Cancro Infantil 3

Comentarios