Gran vitoria dos sénior do ACB
A pasada fin de semana deportiva baloncestística tivo como protagonistas aos sénior do ACB Costa da Morte. Os de
Sénior masculino
- ACB Costa da Morte Blanco 59 - 42 Santo Domingo Betanzos
Gran victoria dos senior do ACB Costa da Morte na ida dos oitavos de final da copa nun partido que dominaron de principio a final.
Comezou o partido cos dous equipos tanteándose, sobre todo en defensa, e cun ritmo elevado de anotación que fixo que o primeiro cuarto rematase con dominio local (16-15). No segundo cuarto, os de Manuel Vázquez seguiron basando o seu xogo no acerto exterior e apretaron a súa defensa para irse aos vestiarios con ventaxa (29-26). Todo mudou co paso dos vestiarios, os locais comezaron a anotar con moita máis facilidade e os betanceiros foron saíndose cada vez máis do partido, facendo que as ventaxas pasasen a ser superiores aos quince puntos. No último cuarto, os locais xestionaron a diferenza acadada e pecharon o partido con 17 puntos de marxe que terán que xestionar na volta.
Destacar o gran partido dos nove xogadores dispoñibles, todos aportando en ataque e en defensa ante un equipo físicamente moi superior, sobresaíndo de novo Déril con 28 puntos (con 8 de 12 en triples) que foi totalmente imparable para os betanceiros e levándose o MVP da xornada.
CADETE MASCULINO
- Esclavas A 52 - 40 ACB Costa da Morte
Bo partido dos cadetes do ACB ante un rival que lles ten collida a medida (xa van 4 enfrontamentos contra os coruñeses, todas elas saldadas con derrotas) pero que sufriu ata o último minuto para levarse a victoria.
Comezaron os costeiros cunha gran defensa e con ritmo en ataque, o que levou ao adestrador coruñés a pedir un tempo morto aos 3 minutos de partido (0-8), desde ahí ata que restaban só 3 minutos de partido, foi un encontro totalmente igualado e que os costeiros basaron na súa boa defensa e no acerto en ataque de Antón con 11 puntos e Ana, con 9 puntos, todos eles desde a liña de tripla.
Nos últimos tres minutos de xogo, o que equipo pagou o esforzo feito durante todo o partido e o marcador non reflexa o igualado que foi.
Esta semana volven a viaxar a A Coruña para enfrontarse a Esclavas B na segunda xornada no grupo de clasificación entre o 9º e 12º posto.
INFANTIL MASCULINO
- CB Montrove 63 - ACB Costa da Morte 12
Mal partido protagonizado polos infantís do Costa da Morte na mañá do pasado sábado en Mera (Oleiros). Comezou o partido cos locais con moitas marchas máis, tanto en intensidade como en concentración, que os visitantes que se firon totalmente desbordados nada máis comezar o partido (24-4 ao final do primeiro cuarto).
Dende aí ata o bocinazo final, non foron capaces de entrar en ningún momento no partido e non puideron demostrar a gran melloría e o bo traballo que estaban facendo ata agora.
Esta semana se enfrontan ao CB Arteixo 2012 (sábado 20:00 Brens) co que se xogan rematar na sexta posición final.
PREMINI
- ACB Costa da Morte 88 - 14 ANPA O Grupo
Gran partido o protagonizado polo equipo adestrado por Uxía Felpete na volta do playoff polo 5º e 6º posto final na Liga AD As Rías do Barbanza.
Saíron os costeiros moito máis metidos que os do Barbanza e non lles deron opción no marcador en ningún momento.
Cabe resaltar a gran melloría protagonizada polos máis pequenos do club costeiro, que comezaron a temporada con moi poucos efectivos e sufrindo en cada partido, para acabar co banquillo cheo de nenos e facendo un xogo que fixo desfrutar a todos os asistentes aos seus partidos.
Máis novas do ACB