Iago Canosa e Jorge Quintáns loitarán por entrar no Equipo Nacional de Slalom

Iago Canosa

Lorena Costa vese fóra tras envorcar nas preliminares.

Unha das premisas para entrar nos selectivos que decidirán quen representa a España nos Campionatos do Mundo de Slalom era entrar nas semifinais da proba da Copa Pirineos que se disputou este fin de semana en La Seu d ́Urgell.

Iago Canosa o bordou na súa primeira baixada e consegui clasificarse entre os mellores sin necesidade de pasar pola repesca, algo impresionante si se ten en conta o altísimo nivel dos participantes nesta proba puntuable para o Ranking Mundial da ICF, e na que muitos equipos nacionais chegaron a La Seu coa intención de probarse de cara os vindeiros Campionatos do Mundo que tamén terán lugar na vila lleidana. Iago conseguiu un excelente vixésimo posto final.

Jorge Quintáns non pasou o corte, como era de esperar dado o altísimo nivel da proba, pero conseguiu o obxetivo buscado, que era conquerir unha plaza para os selectivos que decidirán quen forma parte dos equipos nacionais, polo que o CDM Piragüismo Dumbría terá dous representantes neses selectivos cos 8 mellores paleixeiros nacionais de cada categoría, Jorge en Sub18, e Iago Canosa en Sub23.

Pola súa banda Lorena Costa non tivo tanta sorte, e non poderá estar neses selectivos tras envorcar na primeira baixada perdendo tódalas opcións. Duro golpe para a deportista de Berdeogas, pero que a ben seguro que vai estár aí nos Campionatos de España que volverán a ser en La Seu no mes de agosto, xa que traballou moito e moi ben este ano aínda que esta vez as cousas non saíran como tiñan que saír.

A participación dumbriesa a pechou Marcos Sánchez que foi a participar a esta Copa Pirineos sen muito máis obxectivo que disfrutar da experiencia e aprender para futuras competicións.