Iago Canosa volveu á competición cun brillante cuarto posto na Copa de España de Piragüismo

Iago Canosa en Seu co Piraguismo Dubria-FCoto-Norbert Aguilera

Despois de 2 anos sin competir tras a súa labor coma técnico para a Federación Francesa de Piragüismo, Iago Canosa volveu á competición esta fin de semana. E aínda que el se quitaba presión antes da celebración da proba, falando de que esta tempada ía ser de búsqueda de sensacións, pensando na tempada que vén, esas sensacións non puideron ser mellores.

Iago remataba a competición cun brillante 4º posto, ás portas das medallas, tras dúas baixadas consistentes, e enfocan o seu obxetívo para a competición de Pau en pasar o corte que o clasificaría para os selectios para formar parte do Equipo Nacional.

O resto da expedición dumbriesa estaba formada por Marco Oreiro, Martin Fernández Romar e Xesus Pena Cundíns, que sufriron muito coa alta dificultad dos trazados propostos polos técnicos da federación na Canle Olímpica, pero que xa están ca vista posta na vindeira cita da entidade, dentro de tres semanas no Estadio de Augas Bravas de Pau, no sur de francia.

Marco Oreiro-Foto-Norbert Aguilera
Matín Fdez. Romar.-Foto-Norbert Aguilera
Xesus Pena Cundíns.-Foto-Norbert Aguilera

 

Novas relaciopnadas