Os Infantís do ACB Costa da Morte selan o seu mellor partido da temporada cunha meritoria vitoria en Cambre
Gran vitoria a conseguida o pasado sábado polos infantís do Costa da Morte ante o CB Cambre A, na primeira xornada do grupo C1 que definirá os postos do quinto ao oitavo.
Xogaban os costeiros contra un equipo que nas 3 veces anteriores lle gañou sempre por moita diferenza, pero saíron ao campo sen medo e xogando seguramente o mellor partido da temporada.
Basando o seu xogo nunha férrea defensa e no bloqueo directo en ataque foron sacando grandes rentas durante toda primeira parte ata chegar aos vestiarios con 11 puntos de marxe (20-31).
Tras o paso polos vestiarios, a tónica foi a mesma chegando a poñerse con 18 puntos de ventaxa e dando unha fantástica imaxe de baloncesto.
Aínda así, a falta de 3 minutos, os de Cambre apretaron a súa defensa e, unido aos nervios dos costeiros, fixo que o partido rematase cun marcador que nin moito menos reflexou como foi o partido.
Esta semana viaxan a Mera para enfrontarse a CB Montrove, nun partido que, en caso de vitoria, lles aseguraría a 5º posición final na liga regular.