Os infantís do Volei Dumbría, ao asalto de Soria

VOlei Dumbria Infantil Campionato de España de Soria 2021

Chegou a gran cita para o Volei Dumbría Infantil. Despois de arrasar na Liga Galega e tamén na fase final autonómica, esta xeración de deportistas costeiros marcha cara Soria para afrontar o Campionato de España da categoría.

Toda unha experiencia deportiva, pero tamén vital, de deporte ao máximo nivel, pero tamén de convivencia cos que, de seguro, son amigos para toda a vida.

O sábado enfrontarase 26 abrirá o campionato ante o Ciudad de la Cerámica pola mañá, e ante o Valladolid pola tarde. O domingo pola mañá buscará o pase ás semis ante o Salesianos.

NOVAS RELACIONADAS