O Karate-Do Carballo remata a primeira xornada da Liga Galega nunha meritoria 4ª posición

Nova fin de semana de éxitos para a familia do Karate-Do Carballo. Acodían a competir á primera xornada da liga galega de Karate a Lugo, con 15 deportistas. E foron 12 os que volveron con medallas, quedando o clube en cuarta posición de 33 que tiveron representación.

 

 

Volveron coa medalla de ouro os:

  • Daniela García Rey - Kumite cadete
  • Uxía Mariño - Kumite xuvenil
  • Arón González - Kumite infantil
  • Antía Periscal - Kumite cadete
  • Valeria Amarelle - Kumite xuvenil

Con medalla de prata:

  • Daniela García García - Kata infantil
  • Arón González - Kata infantil
  • Leo Martínez - Kata alevín

E coa de bronce:

  • Van Tien Velo - Kumite cadete
  • Helia Iglesias - Kumite xuvenil
  • Aldara Fernández - Kata infantil
  • Marco Canedo - Kata alevín

Participaron tamén, facendo un gran traballo: Lara, Raquel, Sabela e Alex.