O Karate-Do Carballo remata a primeira xornada da Liga Galega nunha meritoria 4ª posición
08:01 04/12/25
Nova fin de semana de éxitos para a familia do Karate-Do Carballo. Acodían a competir á primera xornada da liga galega de Karate a Lugo, con 15 deportistas. E foron 12 os que volveron con medallas, quedando o clube en cuarta posición de 33 que tiveron representación.
Volveron coa medalla de ouro os:
- Daniela García Rey - Kumite cadete
- Uxía Mariño - Kumite xuvenil
- Arón González - Kumite infantil
- Antía Periscal - Kumite cadete
- Valeria Amarelle - Kumite xuvenil
Con medalla de prata:
- Daniela García García - Kata infantil
- Arón González - Kata infantil
- Leo Martínez - Kata alevín
E coa de bronce:
- Van Tien Velo - Kumite cadete
- Helia Iglesias - Kumite xuvenil
- Aldara Fernández - Kata infantil
- Marco Canedo - Kata alevín
Participaron tamén, facendo un gran traballo: Lara, Raquel, Sabela e Alex.
