O loureán Guillermo Carracedo, campión de Europa de Paddle Surf
31 de agosto de 2022 (08:56 h.)
Segue dando pasos na súa espectacular carreira. O pasadou outubro sumaba o seu cuarto campionato de España, e este luns proclamábase, por primeira vez, Campión de Europa coa Selección Española de Stand Up Paddle (SUP), nun campionato celebrado en Dinamarca.
O loureán é un dos mellores surfistas do mundo nesta disciplina na que colles a onda montado na táboa e cun remo. Foi complicado e ata o último segundo da última manga Carracedo non certificou o seu título.
O fillo de Ángel Carracedo (é de sangue xalleira, polo tanto, e visita con asiduidade a casa dos avós en Santa Comba) é a día de hoxe un médico licenciado que exerce a día de hoxe como médico no Obradoiro de baloncesto, feito que compaxina coa súa carreira deportiva.
NOVAS RELACIONADAS
- Outubro 21: O loureán Guillermo Carracedo, campión de España de PaddleSurf por cuarta vez.
- 2017: Guillermo Carracedo volve de Cadiz cun novo Campionato.
- 2016: Guillermo Carracedo, un loureán vivindo das ondas.