Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Guillermo Carracedo volve de Cádiz cun novo campionato SUP

Guillermo Carracedo volve de Cádiz cun novo campionato SUP
GUillermo Carracedo en Yerbabuena Guillermo Carracedo en Yerbabuena-Foto-OZU Para vivir das ondas hai que ser moi bo. E parece ser que este loureán é bo abondo. Aí o cazamos, entre un campionato celebrado en Cádiz e unha sesión de “shooting” nas Azores cunha das súas marcas patrocinadoras. E no aeroporto, Guillermo Carracedo, ten tempo para contarnos a súa última fazaña: Campión SUP do Open Yerbabuena 2017. Ata Cádiz marchou para disfrutar desta proba “que nunca defrauda e consegue crear recordos inesquecibles tanto pola calidade da ola como polas aventuras que a rodean”, cóntanos este amante da vida nómada surfeira. Cun completo equipo viaxou Carracedo, acompañado de Vicente Romeu, Isa Gundín e Nico Pena. Habería que ver ese tetris formado no coche, con 4 persoas e 9 táboas ademais das mochilas… Parada para durmir en Salamanca e chegada o venres a Cádiz, onde o primeiro que fixeron… “démosnos un baño de última hora no Palmar ata que se puxo o sol!!!”. ”O campionato empezaba esa mesma noite de venres cunha magnifica presentación do mesmo por parte dos seus organizadores e un picoteo para acompañar. Nesta inauguración deime conta da cantidade de persoas que participarían e a cantidade de grandes surfistas e amigos que me ía atopando: Nico Giacomucci, Gony Zubizarreta, Hodei Collazo, Antonio Sanchez, Dani Garcia, Julia Gamero, Manu Castro, e moitos máis!!”. Esta xente gusta erguerse cedo, a iso das 6:30h, para disfrutar dos cantís de Yerbabuena para para activar as pernas. Quedaron encantados cas ondas que prometía a mañá. ”Unhas dereitas como cara a moito tempo que non vía, longuçisimas, perfectas dun corpo pasado e con vento offshore. A xente que madrugara máis que nós e que estaba xa no auga e nos estaba dando moita envexa”. Guillermo Carracedo en Yerbabuena 2 Guillermo Carracedo é especialista en Paddle surf-Foto-Mars Comezaba a competición: “Na miña quenda de paddle surf pasei primeiro gozando das miñas primeiras ondas nese paraíso. O sol pegaba forte e a algún que outro norteño como eu fíxonos quedar en bañador e sen camiseta. Foi un día de olas dunha calidade íncrible e tiven a sorte de gozalo en varias mangas só con 3 surfistas máis no pico tanto en Surf como en SUP. Un día incrible rodeado de amigos, risas, emoción e dereitas perfectas!! Grazas a isto converteuse nun día que recordarei sempre!”, sinala máis alá dos resultados. Amenceu o domingo algo chuvioso e máis fresco, pero a ondas seguían alí. E seguiron ata que lle toco a quenda a SUP, “e entro o vento forte de lado. Custaba moito remar á ola e máis aínda facer xiros arriba. Pero todo era adaptarse e grazas a conseguilo fun pasando as miñas mangas ata chegar á final xunto con outros competidores de grandísimo nivel como Juan de los Reyes, Óscar Ruíz e Fred Bonnef. A final comezou co vento máis onshore cousa que me prefiro a un crossoff forte e permitiume facer xiros máis verticais e arriscar máis. Tras pasar limando pedras un par de veces conseguín unhas boas puntuacións que me proclamaron campión e felizmente fun arroupado polos meus amigos ao subir”. Carracedo non quere rematar o relato sen “felicitar aos meus rivais xa que pese a que as condicións non foron fáciles mostraron moito nivel. Felicitar tamén aos meus compañeiros Isa e Vicente polos seus 2º e 4º postos en surf e ao resto de finalistas. E tamén dar grazas á organización por un traballo tan impecable e por facer do evento un algo inesquecible, e aos patrocinadores”. GUillermo Carracedo campion SUP en Yerbabuena Guillermo Carracedo campión SUP en Yerbabuena - Foto-Víctor Crespo Moita sorte Guillermo, xa nos mandarás algunha foto das Azores!!;)

Novas relacionadas

Máis novas surfeiras

Fonte

Comentarios