Mario Díaz López disputou o Campionato de España por Parellas de Pitch&Putt
16 de xullo de 2019 (13:01 h.)
Esta fin de semana o xogador de golf carballés Mario Díaz López disputou o Campionato de España por Parellas de PitchPutt co seu compañeiro Javier Ramos Casariego.
O formato de competición establecía tres roldas de xogo Stroke Play de 18 buraco cada unha delas, as dúas primeiras baixo a modalidade foursome e fourball o sábado e a terceira o domingo baixo a modalidade Copa Canadá. Logo dunha primeira proba no que fixeron un resultado discreto de 62 golpes, na segunda rolda asinaron a terceira mellor tarxeta da proba con 45 golpes (9 golpes por baixo do par do campo).
Ao final das 3 xornadas quedaron nun meritorio 17° posto das 60 parellas que participaron de toda España.
Novas relacionadas
- Os irmáns Martina e Mario Díaz López dan pasos no mundo do golf.
- Mario Díaz López revalida o título de Subcampión Galego Cadete de Pitch&Putt.