Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Mario Díaz López disputou o Campionato de España por Parellas de Pitch&Putt

Javier Ramos e Mario Lopez Diaz no Campionato de Espana de PittPut
Javier Ramos e Mario López Díaz no Campionato de España de Pitt&Put
Mario Díaz López disputou o Campionato de España por Parellas de Pitch&Putt

Esta fin de semana o xogador de golf carballés Mario Díaz López disputou o Campionato de España por Parellas de PitchPutt co seu compañeiro Javier Ramos Casariego.

O formato de competición establecía tres roldas de xogo Stroke Play de 18 buraco cada unha delas, as dúas primeiras baixo a modalidade foursome e fourball o sábado e a terceira o domingo baixo a modalidade Copa Canadá. Logo dunha primeira proba no que fixeron un resultado discreto de 62 golpes, na segunda rolda asinaron a terceira mellor tarxeta da proba con 45 golpes (9 golpes por baixo do par do campo).

Ao final das 3 xornadas quedaron nun meritorio 17° posto das 60 parellas que participaron de toda España.

Novas relacionadas

Comentarios