Naira Blanco, medalla de bronce da Copa de España de Judo

Naira Blanco co adestrador do Judo Bergantiños, David Blanco

Este sábado disputouse a Copa de España de Judo de Santiago. E ata alí desprazouse o Judo Club Bergantiños con 4 deportistas.

Se ben Martín, Maria e Lucía non pasaron a primeira rolda e non tiveron posibilidade de repesca, a gran nova para Bergantiños deuna Naira Blanco.

A carballesa chegou á semifinal e posteriormente conseguir a medalla de bronce que a coloca en 5ª posición do ranking nacional.

Xa prepara a súa próxima competición que será este mesmo mes na localidade de Montijo en Estremadura. Alí intentará sacar un bo resultado e sumar competicións de face ao campionato de Galego que se celebrará en marzo.

Novas relacionadas