Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A canteira do Judo Bergantiños brilla en Culleredo

A canteira do Judo Bergantiños brilla en Culleredo

Este pasado domingo disputouse a terceira xornada da Liga de Judo Rias Altas, en Culleredo con máis de 300 persoas na grada gozando deste deporte. O Judo Club Bergantiños, como nos ten afeitos, realizou unha gran competición ás ordes do adestrador José Manuel Ledo. Así, en categoría Alevín quedaron en 1º posición do Grupo C e en Categoría Infantil 3º do Grupo A. Na clasificación xeral o equipo Alevín (formado por, Unai, Pedro, Pablo, Aroa e Raúl) colócase en 3ª posición mentres que o equipo Infantil (Martin, Naira, Lucia, María e Daniel) queda en 2ª posición empatado no ranking co primeiro. A seguinte xornada terá lugar o 24 de Febreiro en Fene ( Ferrol).

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/125435-2/

Comentarios