O Pavillón de Zas acollerá esta fin de semana unha completa xornada de tenis de mesa de primeiro nivel
2ª División Nacional Femenina
Máis alá dos resultados, as concentracións de 2ª nacional femenina fanse para que as nenas e as non tan nenas pero que están empezando neste deporte se xunten, se divirtan e xoguen sen presión de ningún tipo. os nervios non se é capaz de evitalos. É un pracer velas xogar donde lle poñen todo o interés e saber deportivo que teñen e ao acabar xuntanse a comentar as súas historias.
2ª División nacional
- Resultado: Vilagarcía TM -AD Zas Ponciano Nieto (4-2)
3ª División nacional
- Resultado: GTTPRO Ribadeo - Concello de Mazaricos (4-3)
1ª División Galega
- Resultado: Arteal Ventanas - AD Zas Construcciones Cernadas (3-4)
Encontro intenso, longo (durou máis de tres horas e media) e con partidos moi nivelados onde se loitou cada punto como se fose o definitivo. Nestes partidos viuse moi claro que ten que funcionar moi ben a cabeza para gañar e eso foi o que puxeron as xogadoras do AD Zas Construccines Cernadas (Miriam, Ana e María) en cada momento. Vironse puntos moi longos, disputados e de moi bo nivel de tenis de mesa. Moi ben Ana e María conseguindo un pinto cada unha e Miriam gañando os dous partidos. mellor exposto seria excelente por parte das tres gañando a un equipo forte e con intencións de ascenso. Foi un bo entrenamento para o vindeiro sábado onde terán que intervir na 1ª Nacional femenina.
2ª División Galega
- Resultado: AD Zas O Pinar - Club del Mar Infantil (4-0)
- Resultado: VTM Pinturas Figueiras - Finisterre Deseñarte (2-4).
Primeira vitoria do AD Zas O Pinar fixose esperar, pero non será a última pois os ánimos estan mellorando e co reforzo de Mateo Cousillas, os Manuel Barreira e Miguel Romero verán a vitoria mais veces. Certo é que o club del Mar tamén viña coas nenas que están empezando e o nome chino non fai xogar se non se practica, Noraboa aos zaseiros por inaugurar o seu taboleiro das vitorias baixo a dirección de Manuel Barreira ao que llesdebemos os éxitos deste equipo. Pola súa parte, seguen formándose os vimianceses do VTM Pinturas Figueiras (Julio Figueiras, Brais Touriñán e Nico Paz) e nos lles importa de momento que se acaden vitorias nos encontros e Paco Paz, máximo responable do club e do equipo prima a participación. Ao longo do tempo verase como veñen os bos resultados. Ademais xa hai savia nova empezando en Vimianzo. Neste encontro destacar a Brais Touriñan e a Julio Figueiras que gañaron un partido cada un. Nico Paz pon todo o interés posible e con tempo tamén gañará partidos.
Vindeira xornada
O día 24 haberá un programa moi completo de tenis de mesa no Pavillón municipal de Zas, onde coincidirán 7 equipos xogando ao mesmo tempo. Xa se empezará as 11:00 da mañá coa concentración de 1ª nacional femenina e logo pola tarde uniranse os choques da 2ª nacional masculina e as ligas Galegas de 1ª e 2ª e aos equipos do AD Zas unirase o equipo VTM Pinturas Figueiras, pois terá o pavillón de Vimianzo ocupado. Serán entotal 12 encontros que encherán o pavillón e por añadidura o pobo de Zas de tenis de mesa. Este será o horario dos distintos encontros: 1ª nacional femenina 11'00 AD Zas Aluminios Xeal - Cofersa Cidade de Narón 11'00 Breogán Oleiros Femenino - TDM Vilalba Sanjurjo Moda 16'00 Breogán Oleiros Femenino - Cofersa Cidade de Narón 16'00 CTM Coruña - TDM Vilalba Sanjurjo Moda 2ª División Galega 16'00 AD Zas Dimobel Bazar Baio - RC A Estrada 16'00 VTM Pinturas Figueiras - Oroso TM Trastes 2ª División nacional 17'00 AD Zas Ponciano Nieto - Cambados Cafeteria Vilariño 1ª División Galega 17'00 AD Zas Construcciones Cernadas - Grupo Barros Cambados 2ª División Galega 18'00 AD Zas O Pinar - RC A Estrada 18'00 VTM Pinturas Figueiras - Oroso TM Peluqueria Tije 1ª División nacional Femenina 18'30 AD Zas Aluminios Xeal - TDM Vilalba Sanjurjo Moda 18'30 CTM Coruña - Cofersa Cidade de Nrón
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/moitas-expectativas-e-poucas-vitorias-para-a-fin-de-semana-do-tenis-de-mesa-costeiro/
Novas relacionadas
“O tenis de mesa costeiro demostrou o seu potencia na Estrada pero quedou ás portas do campionato Estatal” — Que pasa na costa “O tenis de mesa afronta unha ponte de Defuntos chega de acción” — Que pasa na costa