Outes, Fisterra e Malpica acollerán este verán os cursos da campaña de vela
Un total de 240 nenas e nenos da provincia da Coruña aprenderán a navegar a vela este verán coa Deputación. Os concellos de Boiro, Outes, Fisterra, Malpica, A Coruña e Ortigueira acollerán este ano, entre o 1 de xullo e o 9 de agosto, os cursos da campaña de vela 2019 da Deputación da Coruña. Nos mesmos poderán participar rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos pertencentes ao ámbito comarcal de cada un dos concellos que serán sede da actividade.
Os interesados en participar nos cursos deben formalizar a inscrición no seu concello, entregando a ficha de inscrición que pode descargarse da páxina web da Deputación da Coruna (www.dacoruna.gal/deportes), debidamente cumprimentada e asinada polos pais ou titores dos solicitantes. A cota de inscrición será de 25 euros e é obrigatorio saber nadar.
Nos cursos, que terán unha duración de cinco días en quendas de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde (de 16 a 20 horas), realizarase unha iniciación aos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como un curso básico da elaboración de nós mariños. A incorporación e regreso ás instalacións naúticas onde se desenvolverán os cursos correrá por conta dos participantes.
As quendas dos cursos e os correspondentes prazos de inscrición son os seguintes:
| 
			 QUENDA  | 
			
			 CONCELLO  | 
			
			 PRAZO INSCRICIÓN NO CONCELLO  | 
		
| 
			 1ª (do 1 ao 5 de xullo)  | 
			
			 BOIRO  | 
			
			 Do 03/06/2019 ao 19/06/2019  | 
		
| 
			 2ª (do 8 ao 12 de xullo)  | 
			
			 OUTES  | 
			
			 Do 03/06/2019 ao 26/06/2019  | 
		
| 
			 3ª (do 15 ao 19 de xullo)  | 
			
			 FISTERRA  | 
			
			 Do 03/06/2019 ao 03/07/2019  | 
		
| 
			 4ª (do 22 ao 26 de xullo)  | 
			
			 MALPICA  | 
			
			 Do 03/06/2019 ao 10/07/2019  | 
		
| 
			 5ª (do 29 de xullo ao 2 de agosto)  | 
			
			 A CORUÑA  | 
			
			 Do 03/06/2019 ao 17/07/2019  | 
		
| 
			 6ª (do 5 ao 9 de agosto)  | 
			
			 ORTIGUEIRA  | 
			
			 Do 03/06/2019 ao 24/07/2019  |