Os padexeiros do CDM Dumbría Martín Romar e Brais Sánchez volven de Portugal con medalla

Brais Sánchez en Covas na Taza Iberica de Piraguismo

Esta pasado fin de semana o CDM Piragüismo Dumbria (aínda coa resaca da nova sobre a reactivación da Canle de Augas Bravas do Couquiño) desprazábase a Portugal para participar, cunha expedición de 7 padexeiros, na Taça Ibérica, que reune na vila de Covas, no municipio de Vilanova de Cerveira, aos mellores clubes de Portugal e Galicia, así coma con algunha participación de algún deportistas doutras comunidades, coma os do CAR de León.

Os máis destacados na baixada do Río Coura foron Martín Romar e Brais Sánchez, que lograron subir ó podium con sendas medallas de bronce, logo dunha competición na que en todas rondas estiveron entre os tres mellores das súas categoría (K1 cadete e C1 cadete, respectivamente).


Martín Romar en faena

Pola súa parte, dado o alto nivel da proba, Marco Oreiro caeu na ronda de semifinais; Sara Romar e Mariña Suárez non puideron pasar o corte no K1 cadete femenino. Tampouco o lograron Xesús Pena e Xián Caamaño no K1 cadete.

A vindeira cita dos padeixeiros do CDM Piragüismo Dumbría e xa en menos dun mes, coa proba inaugural da Copa de España de Slalom.

Novas relaciopnadas