Teresa Castro consegue dúas medallas no Mundial Máster de Atletismo

Teresa Castro bronce do Campionato do Mundo

Xa o ano pasado, a atleta Teresa Castro nos dera unha alegría proclamándose Subcampioa Mundial por equipos.

Este ano, ata Polonia desprazouse a brava deportista filla adoptiva de Vimianzo (é natural de Noia), para conseguir, nada menos que a súa primeira medalla mundial en categoría individual.

Trátase da medalla de bronce acadada no VIII Campionato do Mundo de Pista Cuberta Máster que durante os días do 24 ó 30 de marzo se disputan na cidade polaca de Torun. Teresa subía ao terceiro chanzo do podio na proba dos 10 km. ruta, cun rexistro de 39’13’’.

Non foi a única alegría, pois Teresa Castro acadou tamén o subcampionato do mundo de Cros por Equipos Master-20, facendo parella con Esther Pedrosa.

Un rotundo éxito para o deporte galego, e parece que este ano a Federación Galega, que xa en 2017 a nominaba, xunto á mazaricá Rocío Alvite, como unha das Mellorer Atletas Veteranas de Galicia.

Novas relacionadas