Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Teresa Castro, unha atleta costeira que bate marcas na Galería Mulleres

Teresa Castro, unha atleta costeira que bate marcas na Galería Mulleres
Teresa Castro na Galeria de Mulleres de Muxia Son innumerables os triunfos desta muller natural de Noia pero vimiancesa de adopción, pero o último subcampionato mundial chama moito a atención. De aí que a Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla, queira adicarlle un mes da Galería Mulleres para seguir repasando a historia a través de grandes nomes femininos Nada en 1968, Castro é médica de atención primaria e deportista, vive en Vimianzo e exerce a súa profesión médica que compaxina co atletismo no que ten un palmarés impresionante. Foi nominada pola Federación galega de atletismo en dúas ocasións como mellor atleta veterana galega, e mesmo ten varios records galegos, como a Milla en ruta W40, 1500 ml e 3000 ml ao aire libre W45 e os 1500 ml e 5000 ml ao aire libre W50. Os seus títulos máis destacados: - 2018 4ª no Campeonato do mundo Master no  cross W45 (2ª por equipos na mesma distancia e categoría) 4ª no mesmo campeonato na distancia de 5000 ml ao aire libre W50 - 2017 3ª no Campeonato de España Master de pista cuberta. 3000 ml W45 3ª no Campeonato de España Master de 10 km en ruta. W45 2ª no Campeonato de España Master ao aire libre 5000 ml W 45 - 2016 3ª no Campeonato de España de media maratón W45 2ª no Campeonato de España Master de pista cuberta 3000 ml W 45 1ª no Campeonato de España Master de milla en ruta  W45 4ª no Campeonato de Europa Master en ruta 10 Km 1ª por equipos no mesmo campeonato e distancia - 2015 1ª no Campeonato de España Master de pista cuberta nos 3000 ml W 45 1ª no Campeonato de España Master de pista ao aire libre nos 5000 ml W45 No Campeonato do mundo Master 6ª no cross W45 e 7ª nos 5000ml na mesma categoría - 2014 2ª no Campeonato de España Master de pista cuberta nos 1500 ml W45 2ª no Campeonato de España Master de pista ao aire libre en 5000 ml W45 - 2013 1ª no Campeonato de España Master de pista ao aire libre en 1500 ml W45

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-vimiancesa-teresa-castro-villaverde-ven-de-proclamarse-subcampioa-mundial-por-equipos/ https://quepasanacosta.gal/rocio-alvite-e-teresa-castro-nominadas-a-mellor-atletas-veteranas-pola-federacion-galega/

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios