Tres deportistas do AD Zas, clasificados para o Campionato Estatal
10 de decembro de 2025 (07:36 h.)
Participou, con máis presenza que nunca, a familia do Tenis de Mesa AD Zas no Campionato Pre Estatal 2025, celebrado esta ponte en Pontevedra. Ademais, os resultados foron moi positivos, metendo 3 deportistas costeiros no Campionato de España que se celebrará e Tarragona.
Roi Sixto proclamouse Campeón estatal en Veteranos +40 e Anxo Castro foi subcampeón en benxamíns, obtendo o pase para Tarragona. Tamén se clasificou para o Campionato Jesús Raspall, en Discapacidade intelectual.
Tamén participaron nesta cita Raúl López en sénior masculino, Jacobo Olveira en alevíns; Pablo España, Mauro Rey e Lucas Mauro en cadetes e Enrique Mallón en xuvenil.