mércores. 10.12.2025
El tiempo

Tres deportistas do AD Zas, clasificados para o Campionato Estatal

Roi Sixto do AD Zas campion estatal de tenis de mesa Veteranos 40
Roi Sixto, no centro quedou campión en Veteranos +40
Tres deportistas do AD Zas, clasificados para o Campionato Estatal

Participou, con máis presenza que nunca, a familia do Tenis de Mesa AD Zas no Campionato Pre Estatal 2025, celebrado esta ponte en Pontevedra. Ademais, os resultados foron moi positivos, metendo 3 deportistas costeiros no Campionato de España que se celebrará e Tarragona.

Roi Sixto proclamouse Campeón estatal en Veteranos +40 e Anxo Castro foi subcampeón en benxamíns, obtendo o pase para Tarragona. Tamén se clasificou para o Campionato Jesús Raspall, en Discapacidade intelectual.

Anxo Castro do AD Zas subcampion benxamin
Anxo Castro, no segundo chanzo do podium

Tamén participaron nesta cita Raúl López en sénior masculino, Jacobo Olveira en alevíns; Pablo España, Mauro Rey e Lucas Mauro en cadetes e Enrique Mallón en xuvenil.

Comentarios