Volve o Autocross a Santa Comba
11 de xullo de 2024 (11:51 h.)
O vindeiro 27 de xullo, o Autocross volverá a un dos seus circuitos fetiche. O Campionato Galego de Autocross volve ao Circuito de Marlán, organizado por SC Motosport, a Federación Galega de Automobilismo e o Concello xalleiro, despois de moitos anos de abandono.
A apertura de portas será ás 10:00h, os adestramentos comezarán ás 11:00h e a partir das 15:00h, as mangas oficiais.