Luns. 07.10.2024
El tiempo

Santa Comba vibrou co moderno Rallymix

Santa Comba vibrou co moderno Rallymix
rallymix-de-santa-comba-2016 Moi boas xornadas do mundo do motor que se desenvolveron no 2º Rallymix Terra do Xallas de Santa Comba. A pesar das predicións meteorolóxicas, as probas mesmo se puideron desenvolver en seco e sen chuvia dúas das tres probas sabatinas. O domingo apenas houbo algunha chuvisqueira, que non impediu que numeroso público se achegase ata o circuito, un circuíto que esta moi preto do circuíto de Autocross na zona da parroquia de montouto. Un trazado de case 10 km nun 80 de terra e o resto de asfalto. Unha proba puntuable para o Campionato Galego de Rallymix e para outras modalidades, que conta co total apoio da Federación Galega de Automobilismo, como afirmaba o seu presidente, Iván Corral, durante a presentación. Un presidente que a comezos de ano nos confirmaba que está traballando para crear un Rally na nosa bisbarra. Unha proba que pode mobilizar unhas 500 personas, srn contar o público, o que supón unha gran inxección económica na hostelería. Non houbo incidentes reseñables, máis que na última manga do domingo, os últimos cinco coches non puideron saír.
Jeni Chao é a copiloto do xalleiro Bruno Almeida Jeni Chao é a copiloto do xalleiro Bruno Almeida Cómpre destacar a actuación do piloto local, Bruno Almeida, que quedou 3º na categoría Agrupación 5 co seu BMW E36, acompañado de Jenni Chao de copiloto. Detacou tamén o papel da Escuderia Desguaces Tino Racing, non só polo número de participantes senón tamén polo número de premios. E como non, unha das cousas que máis chaman a atención desta modalidade son as monturas espectaculares do constructor Ya-car (Perfecto Calviño) incluido a do propio Perfecto, campión de España en varias modalidades de automovilismo e as novidades que sempre aporta a este mundo. Tamén reseñaron a habitual presencia do "capo" de Tino Racing co seu Ford Fiesta e case e campión de todo, incluso da súa categoría noa proba do campionato do mundo en Cataluña. Ademais, foi notable a presencia dos pilotos do Bierzo e os equipos asturianos entre os que se atopaba Abel Jurado, campión do 2015. rallymix-de-santa-comba-4 a-alonso-no-rallymix-de-santa-comba rallymix-de-santa-comba-1 rallymix-de-santa-comba-2

Entrega de premios

Así foi a entrega de premios, comandada polo bo de José María Suárez:
 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios