O VTM Vimianzo celebrou o título de campión da 1ª Div. Galega

Nico Paz Paco Paz Budi e Julio entonaron o "We are the Champions"

Está de noraboa a familia vimiancesa do pinpon. O VTM Pinturas Figueiras proclamouse campión da 1ª Divi. Galega. Cunha xornada de marxe para o final, os vimianceses necesitaban 3 dos 5 puntos en xogo na súa visita ao CTM Coruña A, e demostraron a súa ambición vencendo por un rotundo 5-0. Os Nico Paz, Paco Paz, Budi e Julio puideron entonar o “We are the Champions”!

Por Zas

A xornada tamén tivo protagonista ao AD Zas Ponciano Nieto, que vencía na casa ó lider desta 2ª Div. Nacional (Conxo TM) por 4-2. O equipo de Zas consegue con esta vitoria selar a permanencia nunha liga de máxima igualdade. O resultado ten moito mérito tendo en conta que o Conxo tm competirá a próxima temporada na 1ª Nacional tras o ascenso conseguido este ano

Por outra banda, o AD Zas Axiña Telecom cedia pola mínima 2-3 en Oroso na 1ª Div. Galega. O equipo filial esta a facer unha boa tempada, por agora situado na 4ª plaza a falta dunha xornada.

Máis novas