35 postos, música e gastronomía para a Feira Mariñeira Artesán de Corme

Corme acolle estes sábado 1 e domingo 2 de agosto unha nova edición da Feira Mariñeira Artesán, un dos citas máis esperadas do verán na Costa da Morte. O evento está organizado pola Asociación de Veciños de Corme, coa colaboración da Fundación Mencer e do Concello de Ponteceso, xunto co apoio da Deputación da Coruña.

A feira reunirá máis de vinte postos de artesanía e produtos locais instalados ao longo do paseo mariñeiro, cunha ampla variedade de propostas: coiro, resina, cunchas, madeira, xoiería, moda, libros, amigurumis, especias e produtos gastronómicos, entre outras muitas especialidades artesás e comerciais que os veciños e visitantes poderán percorrer durante os dous días de feira.

Ademais dos postos, instalarase unha carpa onde non faltará a gastronomía típica destas datas, con pulpo e churrasco como principais protagonistas, para que veciños e visitantes poidan gozar dun ambiente festivo e familiar en pleno corazón mariñeiro de Corme.

Programación do sábado 1 de agosto

  • * 11.00 h — Apertura dos postos artesáns.
  • * 11.00 h — Pasarrúas co Grupo de Gaitas Maruxía.
  • 12.00h. _ Charaga Os Atrevidos da Estrada
  • * 19.30 h — De ronda coa Charanga Colexiata do Sar.
  • * 22.30 h — Verbena mariñeira coa actuación de Aixa.

Programación do domingo 2 de agosto

  • * 10.30 h — Pasarrúas co Grupo de Gaitas Pontevella.
  • * 12.00 h — Actuación da Banda de Gaitas Queiroa.
  • * 22.30 h — Proxección documental na Praza do Campiño, presentada por Daniel Seijas, doutor en historia, profesor de ensino secundario e director do programa Palco de Estrelas.

Coa Feira Mariñeira Artesán, a Asociación de Veciños de Corme, xunto coa Fundación Mencer e o Concello de Ponteceso, reafirman o seu compromiso coa promoción da artesanía local, da música tradicional e da gastronomía mariñeira como sinais de identidade desta vila da Costa da Morte.