mércores. 29.07.2026
El tiempo

Corme revive a mítica serie «Para mariñeiros, nós» no V Ciclo de Cine Documental Xosé Manuel Ferreiro

Volven Pinto e Covinas
Pinto (Suso Lista) e Coviñas (Manolo Castro) nunha procesión do Carme de Corme
Corme revive a mítica serie «Para mariñeiros, nós» no V Ciclo de Cine Documental Xosé Manuel Ferreiro

Moitos lembramos con gran agarimo aquelas historias de Pinto e Coviñas (Suso Lista e Manolo Castro), liándoa parda polo porto de Corme. A serie, realizada aló polos comezos do 2010 polo gran Omar Rabuñal, foi unha das primeiras webseries que trascendeu ás redes e acabou sendo emitiva en V Televisión. 

A Asociación Cultural Insua de Viastela quere recordala, celebra este venres 31 de xullo unha sesión moi especial no marco do V Ciclo de Cine Documental Xosé Manuel Ferreiro. A partir das 22:15 horas, a emblemática Praza do Campiño de Corme converterase nunha pantalla ao aire libre para acoller a proxección dunha selección dos mellores capítulos da mítica serie de ficción e humor "Para mariñeiros, nós".

Para mariñeiros nos revive en corme w

Unha noite para a lembranza

A cita, aberta a todo o público de xeito gratuíto, concíbese como un encontro veciñal para desfrutar da cultura local e do audiovisual feito na terra. Máis alá da proxección e do reencontro dos veciños coas imaxes gravadas na súa propia vila, a velada acollerá unha homenaxe especial a Marisa Fullós e a Pedro Brandariz, figura fundamental do humor e da escena teatral galega cuxa pegada permanece moi viva na memoria colectiva.

Desde a A.C. Insua de Viastela convídase a todos os veciños, visitantes e amantes do audiovisual galego a achegarse a Corme este venres pola noite para compartir un momento de lembranza, gargalladas e recoñecemento.

Máis citas

O 1 e 2 de agosto continúa o ciclo con varias actividades no MACCMO.

Ciclo Cine Para mariñeiros nos revive en corme

Comentarios