4 feridos tras estamparse cunha casa nun accidente grave na Campara
- A noite sabatina rexistrou outros dous accidentes en Coristanco e Santa Comba
Esta pasada madrugada, pasadas as 6:40h, un vehículo sufcría unha saída de vía no cruce da Campara, en Ponteceso, e se estampaba fortemente contra unha casa.
Os 4 ocupantes resultados feridos, 2 en estado grave, unha vez que á chegada das ambulancias do 061 e o equipo do PAC de Ponteceso, estaban inconscientes. Os técnicos sanitarios conseguiron estabilizalos e todos foron trasladados ao CHUAC. Tamén participaron no operativo o GES de Ponteceso, Garda Civil.
Outros dous accidentes, en Coristanco e Santa Comba
Os Bombeiros de Carballo excarceraron ao ocupante dun vehículo que sufría un accidente ás 04:45 horas desta pasada madrugada dun accidente na AG-55, quilómetro 37.5, en Oca, no concello coruñés de Coristanco. O sistema E-Call avisaba ao 112 Galicia e tras falar coa vítima, que aseguraba estar atrapada no vehículo, pasou aviso ademais de ao persoal sanitario, aos Bombeiros de Carballo, ao GES de Ponteceso, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Finalmente, os Bombeiros confirmaron a excarceración do ferido, que tras ser liberado, foi evacuado polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Catro feridos en Santa Comba, entre eles dous menores
Os catro ocupantes dun vehículo, dous adultos e dous menores, resultaron feridos esta pasada noite tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban ao seu paso por Santa Comba, á altura de As Caselas. Con todo, ningún dos feridos asemellaba revestir gravidade. Todos eles foron trasladados ao Centro de Saúde da localidade.
Desde o 112 Galicia pasouse aviso decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Trafico e aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil. Igualmente foron informados os Bombeiros de Santa Comba.
Así, unha vez no punto, os efectivos de Protección Civil indicaron que os catro ocupantes do vehículo, entre eles dous menores, foran trasladados ao PAC de Santa Comba.