O roteiro, que se corresponde coa 2ª etapa do Camiño dos Faros, realizarase o vindeiro 22 de outubro
Coa súa directiva recén renovada, a agrupación deportiva Abelliza xa pensa na súa seguinte actividade. Será o 22 de outubro e consitirá nunha andaina entre Niñóns e Corme; un percorrido que forma parte da 2ª etapa do O Camiño dos Faros.
A actividade está limitada a 100 participantes que se seleccionarán por orde de inscrición. Os interesados en participar - que deben de ser maiores de 16 anos - poden anotarse a través dunha mensaxe privada á páxina de Facebook da organización ou no enderezo electrónico abellarizaponteceso@gmail.com. Na información deberá constar nome e apelidos, data de nacemento e DNI do participante. O día límite para anotarse é o 20 de outubro ou ata cubrir as 100 prazas.
A saída será ás 9:15 horas da praza da Ribeira en Corme e os anotados deben presentar o seu DNI e as inscricións son de balde. Ésta é unha actividade organizada en colaboración co concello de Ponteceso.