Abellariza organiza unha andaina dende Niñóns ata Corme
08:11 10/10/17
O roteiro, que se corresponde coa 2ª etapa do Camiño dos Faros, realizarase o vindeiro 22 de outubro
Coa súa directiva recén renovada, a agrupación deportiva Abelliza xa pensa na súa seguinte actividade. Será o 22 de outubro e consitirá nunha andaina entre Niñóns e Corme; un percorrido que forma parte da 2ª etapa do O Camiño dos Faros.
A actividade está limitada a 100 participantes que se seleccionarán por orde de inscrición. Os interesados en participar - que deben de ser maiores de 16 anos - poden anotarse a través dunha mensaxe privada á páxina de Facebook da organización ou no enderezo electrónico [email protected]. Na información deberá constar nome e apelidos, data de nacemento e DNI do participante. O día límite para anotarse é o 20 de outubro ou ata cubrir as 100 prazas.
A saída será ás 9:15 horas da praza da Ribeira en Corme e os anotados deben presentar o seu DNI e as inscricións son de balde. Ésta é unha actividade organizada en colaboración co concello de Ponteceso.
Novas relacionadas
- A Abellariza colle folgos para seguir armando máis actividades
- Abellariza e o deporte.
- Frenética actividade en Abellariza
- De ruta con Abellariza
- Abellariza aposta polo deporte na rúa
- A agrupación deportiva Abellariza colle impulso.
- Unha Abellariza para que non todo sexa fútbol por Ponteceso
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- AD Abellariza