Abríu as portas a Casa do Maior da Campara, a terceira en Ponteceso

A nova Casa do Maior da Campara xa é unha realidade. Este pasado sábado celebrouse unha xornada de portas abertas que contou cunha ampla participación veciñal, permitindo coñecer en primeira persoa o resultado das obras realizadas.

Ao acto, na que Natalia Asorei, responsable da cooperativa que dá forma a este servizo en toda a comarca, fixo de anfitriona, asistiron o alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, e a concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez, xunto con numerosos veciños e veciñas da parroquia e contorna interesados en visitar as novas instalacións. Mesmo se achegou o párroco, don Manuel, que quixo coñecer de preto este novo servizo para as persoas maiores.

A Casa do Maior da Campara convértese así na terceira deste tipo posta en marcha no municipio, xerada cunha axuda de 53.153 euros da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria. Son así 15 as persoas que poden pasar a xornada diúrna nestes mini centros de día polos que aposta a Xunta.