As premiadas “Casas do Maior Costa da Morte – Rede de Cooperativas Colaxe” abren as súas portas
Continúa medrando o singular proxecto das Casas do Maior Costa da Morte – Rede de Cooperativas Colaxe. Unha iniciativa de emprendemento social e , da que xa forman parte 21 Casas en 9 concellos, nas que traballan outras tantas mulleres autónomas que participan como cooperativistas, para dar atención diúrna gratuita a más de 100 personas maiores do rural.
O proxecto acaba de ser recoñecido cun dos premios AGADER, o primeiro premio na categoría de proxectos de interese social, polo seu labor na promoción de iniciativas que contribúen á fixación de poboación, á mellora da calidade de vida das persoas maiores e ao fortalecemento do tecido social no rural galego, sobre todo das pequenas aldeas. Recollía Natalí Asorey. A laxense é a súa promotora dende os inicios en 2021, a través de Colaxe.
Xornada de portas
Agora, as Casas do Maior, a alternativa pola que aposta a Xunta como alternativa aos Centros de Día (pero cun servizo externalizado e cun formato máis reducido, e un máximo de cinco prazas por casa), celebran xornadas de portas abertas en cinco novos recursos de atención no rural.
O servizo funciona de luns a venres, cun horario flexible de ata 8 horas diarias, excepto un mes de vacacións, garantindo así a conciliación e a sustentabilidade do proxecto. Durante a estancia ofrécese acompañamento profesional, actividades de envellecemento activo, estimulación cognitiva, apoio nas actividades da vida diaria, hixiene persoal e, se así se solicita, servizo de desprazamento e de manutención.
As xornadas de portas abertas das Casas do Maior Costa da Morte – Rede de Cooperativas Colaxe concéntranse en dúas fins de semana eterán lugar nas seguintes localizacións:
- Casa do Maior da Campara (Ponteceso) – sábado 24 de xaneiro, ás 11:30 h.
- Casa do Maior de Suevos 2 (Mazaricos) – sábado 24 de xaneiro, ás 17:30 h.
- Casa do Maior de Senande (Muxía) – domingo 25 de xaneiro, ás 11:30 h.
- Casa do Maior de Vilar (Fisterra) – sábado 31 de xaneiro, ás 12:00 h.
- Casa do Maior de Ponte Olveira 2 (Dumbría) – sábado 31 de xaneiro, ás 16:30 h.



