Unha Andaina para o mundo de pedra de Corme

Así é o Camiño das Rodeiras

A Asociación Insua de Viastela prepara unha nova Andaina patrimonial. Este sábado 1 de marzo, guiada por Suso Lista, partirá unha expedición ás 16:00h para facer unha Andaina ata a singular aldea de Candelagho polo Camiño das Rodeiras ou Camiño da Volta, onde se poderá gozar de camiños, valados de pedra, cabazos, lavadoiros, petróglifos, fábricas de salazón… Un camiño por “Un Mundo de Pedra”.

"Temos un tesouro con estas rodeiras", conta Suso.