Atopan o corpo sen vida dun home desaparecido por Ponteceso

Esta mañá, as forzas de seguridade atopaban o corpo sen vida dun home de 41 natural de Limiñoa, Ponteceso, cuia desaparición fora denunciada onte. O corpo era atopado no termo municipal de Malpica, na estrada entre Buño e Malpica, preto do restaurante A Brasería.

Os familiares atoparan a súa furgoneta, e as patrullas da Garda Civil de Ponteceso e Malpica, apoiadas por medios áereos, e por Protección Civil, atoparon o corpo sen vida ao longo desta mañá.

 

Máis novas