Avanza a renovación do Plan de Xestión do risco de inundacións de Ponteceso

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión co alcalde de Ponteceso. Foto Xoán Crespo 14,00 h.- A c

O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, mantivo o pasado venres unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, para avaliar as medidas para paliar o risco de asolagamentos na localidade, que, de feito, conta cunha zona declarada como área de risco potencial significativo de inundación (ARPSI).

A Consellería trasladoulle ao rexedor que nas próximas semanas concluirán os traballos para a redacción de propostas específicas para a xestión do risco de asolagamento dos regos de Ponteceso e de Bouzas. A continuación, técnicos de Planificación de Augas de Galicia reuniranse cos representantes municipais para realizar unha primeira valoración. 

A maiores, a conselleira lembrou que a Xunta está traballando no deseño do novo Plan de xestión de risco de inundación 2028-2033 (PXRI) e tras analizar todos os episodios de asolagamento rexistrados entre os anos 2018 e 2023, suxírese a ampliación da ARPSI de Ponteceso en 3,7 km, para incluír o rego do Cruceiro e o do río Pouso, xa que os estudos de xestión do risco de inundación xa redactados así o recomendan.

Máis novas