Axober tece lazos co empresariado de Ponteceso
Extende as súas redes a Axober e faino por Ponteceso. A pasada semana, o noso presidente Diego Iglesias, xunto con Salvador Ferreiro, reuníronse con representantes do Asociación de Empresarios do Polígono de Ponteceso. "Un encontro para coñecernos, compartir ideas e explorar posibles colaboracións", explican dende a entidade, que valoran o "tecido empresarial forte e dinámico" do parque pondaliano, "clave para o desenvolvemento económico da zona".
A idea da nova directiva é seguir" traballando para fortalecer lazos e apoiar ás empresas da nosa contorna".
Visitas escolares
Este martes, a asociación empresarial continúa co seu programa de cas visitas dos estudiantes a empresas da zona. Neste caso, serán os alumnos do EFA Fonteboa e visitarán as empresas Urbysol, Herfraga, Hypersa (Concesionario Hyundai) e as oficinas do Poligono.